A Asociación Cultural
Gamelas e Anduriñas comenzou a dar os seus primeiros pasos da man do mestre da
Escola de Párvulos Enrique Penabad, corría o ano 1983. Enrique propuxo comenzar
unhas clases extraescolares de baile tradicional que foron moi ben acollidas
polos rapaces.
Desta maneira ó
ano seguinte, comenzáronse os trámites para dar de alta unha Asociación Cultural
que puidese xestionar estas actividades. Decideuse nomear esta Asociación como Gamelas e Anduriñas.

Dende o noso
nacimento fixemos unha aposta clara pola cultura tradicional galega, así o
reflexan os nosos estatutos, e para ésto impartimos dende os nosos inicios
clases de baile e música tradicional galega.
Entre os anos 1997
e 2002 aumentamos o número de materias dedicadas ó estudio do folclore galego
inaugurando o que serían as primeiras clases de cantareiras no Concello, co
grupo que chamamos Troula.
E para mostrar o
traballo de todolos invernos vimos facendo ininterrumpidamente durante os meses
de verán e dende hai vintatrés anos o Festival Folclórico Gamelas e Anduriñas.
En Gamelas
quixemos ampliar a oferta das nosas actividades e no ano 2004 propuxémoslle a
Gabriela Villasuso iniciar un Taller de Patchwork . Esta iniciativa foi un éxito profundo dende o
comenzo.
O grupo de Patchwork ensina a súa artesanía durante
as datas de Semana Santa, esta ano celebrarase como xa é
habitual nesta data a V Exposicións de Patchwork.
UNHA
MAREA DE CULTURA.
En Gamelas celebramos o noso XX Aniversario cunha
marea de Cultura!.
Durante seis
días henchimos o peirao de Espasante de obradoiros: de contacontos, mesas de
mezclas, papaventos. Organizamos concertos: rocks e folks; participaron tamén aportando a súa música A Banda de Música de
Ortigueira, a formación decana de Bandas de Gaitas de Galicia: a Escola de
Gaitas de Ortigueira así como a Banda de Gaitas de Pontedeume.
A estas
actividades engadimos o noso habitual Festival de Verán e o debut do primeiro
Grupo de Teatro de Gamelas e Anduriñas: Sen
Adereço.
Os que integramos
Gamelas recordamos a celebración con especial sentimento xa que no vinte
aniversario puidemos xuntarnos as diferentes xeracións que compuxemos a
Asociación así como desfrutar da visita do noso fundador Enrique Penabad.
Bendeitamos desta
Marea de Cultura xa que dende entón vimos desfrutando dunha importante
dinamización da Asociación en canto a número de compoñentes, contamos con 30 socios activos.
Por último non
queremos olvidarnos de mencionar A Canción de Tasca que nace co intento de
recuperar a antiga tradición mariñeira, que lle é propia á comarca do Ortegal
así como á mariña lucense, do canto nas tascas.
A
proposta foi moi ben acollida polo pobo incluso por xentes dos Concellos
venciños xa que veñen participando xentes de As Pontes ou Mañon. Na pasada edición tivemos a honra de
contar entre os participantes a Guadi Galego, Uxía Senlle e Uxía Pedreira que
nos regalaron as súas voces.

Dende o seu
nacimento ata hoxe, no seu vintacinco aniversario Gamelas tratou de aportar ó
pobo de Espasante un pequeno espazo para a cultura, en concreto para a
recuperación, difusión e dignificación da música e do baile tradicional galegos,
sendo durante moito tempo a única Asociación Cultural que desenrolaba esta
última actividade dentro do Concello de Ortigueira.
Dende hai
pouquiños anos para aquí, parece que comenzan a xurdir outros grupos
interesados no baile tradicional no Concello é para nós unha satisfacción ter
sido os pioneiros e ó mesmo tempo saber que xa non estamos sós nesta andaina!.








