Actividades para o curso 2008/09



Clases de música tradicional.

                 

Impartidas polo mestre da mariña lucense Don Xabier Pena Louzao quen as leva dirixindo dende os 19 últimos anos. As clases impártense os sábados no Centro Social de Espasante e consisten en: Aprendizaxe da percusión tradicional: tambor, bombo e pandeireta. Aprendizaxe e perfeccionamento da gaita galega.

                             

 

Grupo de bailes e cantareiras tradicionais.

Impartidas baixo a dirección de Don Xabier Espasandín, orixinario das Terras de Soneira. As clases imparténse os sábados no Centro Social de Espasante e teñen por fin a aprendizaxe de movementos, ritmos e cantigas de caracter tradicional, todos eles recollidos polas diversas equipas de recollida nas que participou Xabier Espasandín, ó longo de toda a xeografía galega: Navia de Suarna, Bergantiños, Lalín, ou A Fonsagrada entre outros.

 

A Escola.                                                                

             

Na nosa escola tratamos de ofrecer ós nenos o primeiro contacto tanto co canto como co baile tradicional impartindo as nocións básicas para iniciar o coñecemento nestas materias de maneira didáctica ó mesmo tempo que lúdica, xa que esta é unha das características máis importantes da cultura tradicional. As clases son impartidas por Don Alfredo López Loureiro, así como por Mónica, Jana e Sabela e teñen lugar durante toda a tarde do venres. 

                              

Taller de Patchwork.

             

Impartidas por Gabriela Villasuso, veciña de Espasante. O Taller está dedicado ó deseño e montaxe de cobertores, coxíns e outras cousas para o fogar coa técnica do Patchwork e do Trapunto. As clases teñen lugar os sábados na antiga Escola de Párvulos de Espasante.






 

Grupo de baile

Gaita e percusións

Cantareiras

Grupo de patchwork

HORARIO

Sábados 19:30h

Sábados

Iniciación 

16-17h

Perfeccionamento

17 - 18h.

Sábados

13 - 14h.

Sábados  19:00 - 21:30

 

 

 

 

 





ESCOLA

GRUPO

MESTRE

HORARIO (venres)

Infantís

Fredi

17:30h – 18:30h

Xuvenís

Mónica

Sabela

Jana

Grupo1

17:30h – 18:30h

Grupo 2

18:30h – 19:30h

Maiores

Fredi

19:00h – 20:00h









     GAMELAS e ANDURIÑAS | Asociación Cultural | - Tódolos dereitos reservados. | Copyright (©) 2008